A través da súa aula virtual, o IGCC ofrecerá información sobre os dereitos dos consumidores neste ámbito e resolverá as dúbidas dos participantes. A iniciativa forma parte dos 'Venres de Consumo Responde'.
Toda persoa ou entidade interesada en participar debe acceder á páxina web do IGCC ([https://consumo.xunta.gal/gl](https://consumo.xunta.gal/gl)) e seguir os pasos indicados para unirse á videoconferencia na 'Aula Virtual de Consumo'.
Os asistentes poderán conectarse a través da ligazón 'Videoconferencia' e, se non dispoñen de Webex instalado, poderán unirse directamente desde o navegador premendo en 'Únase desde el navegador'.




