O evento, que se celebrou nas rúas de Ourense, contou coa participación de corredores de todas as idades, demostrando un ano máis o compromiso da cidadanía coas causas solidarias. A pesar da presenza intermitente da chuvia, o ambiente estivo cheo de enerxía e velocidade.
Os fondos recadados a través das inscricións destinaranse integramente á Fundación Bicos de Papel. Esta organización dedícase a ofrecer apoio socioeconómico e sociopedagóxico a nenos e nenas ingresados na área de oncoloxía infantil do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, incluíndo aqueles procedentes da área sanitaria de Ourense, así como ás súas familias.
A carreira, que partiu da rotonda da Policía Nacional, consolidouse como unha cita importante no calendario deportivo e solidario da cidade, combinando o deporte coa axuda a quen máis o necesita.




