Os músicos, liderados por Tina (voz, trompeta) e Simon (guitarra, voces), mostranse "excitados" pola súa visita a Galicia e "ansiosos" por coñecer as "costumes galegas". O nome do grupo inspírase no pobo estadounidense de Ogunquit, escenario dunha novela de Stephen King e "lar espiritual" para Tina.
En canto á súa proposta escénica, Tina describe a banda como "unha pandilla heteroxénea de criaturas exóticas do rock and roll, uns punkis frikis de corazón". Destaca a espontaneidade e o humor, incluíndo o "hula-petting", unha orixinal mestura de tocar a trompeta mentres se fai hula-hoop.
Simon engade que buscan levar ao público "a unha pequena viaxe" cunha "colorida mestura de rock and roll de alta enerxía" que combina elementos do punk, a música surf dos 60 e o rock garage psicodélico, creando "un caos fermoso e impredecible" onde a participación do público é benvida para un "puro escapismo e un desenfreo salvaxe".
Sobre a convivencia de músicos de diversas nacionalidades (estadounidenses, italianos, colombianos, españois e británicos), Simon sinala que se coñeceron en Londres, un "gran crisol de culturas", e que o rock and roll é "universal". Atribúe a achega de cada membro ao "Gumbo" musical do grupo.
Tina coincide en que Londres é un "imán para atraer a creativos" e que, a pesar de traballar con moita xente, manteñen a súa "esencia". Considera que a diversidade de orixes aporta "máis coñecementos, forza e liberdade creativa".




