A celebración do San Xoán na cidade de Ourense experimenta un cambio significativo. A produtora TXP Eventos confirmou o traslado oficial do festival ao Campo da Feira. Este movemento prodúcese despois de que a organización comunicase publicamente que o evento non podería celebrarse nas condicións previstas no seu espazo orixinal por "circunstancias completamente alleas á organización".
A nova localización no Campo da Feira vén acompañada dunha novidade importante para os asistentes: a ampliación do horario da festa. A celebración estenderase ata as 4:00 da mañá, permitindo gozar do evento durante toda a madrugada.
“"Non queriamos facer ruído. Queriamos facer cidade"
Os promotores defenderon a esencia dunha iniciativa concibida para dinamizar o contorno urbano. Segundo recalcan os organizadores, o espírito construtivo do festival mantense intacto, co obxectivo de "dar vida a un dos emblemas máis importantes da nosa cidade, apoiar a artistas, marcas, adegas e empresas locais".
Dende a produtora TXP Eventos, definen o festival como "unha idea, unha forma de entender Ourense e unha aposta por demostrar que os mozos tamén poden crear, emprender e construír cousas positivas para esta cidade". Agradecen o apoio masivo na compra de entradas e sinalan que "calquera persoa que non estea de acordo co cambio poderá solicitar a devolución completa da súa entrada".




