A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e o alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, asinaron un acordo de colaboración para a mellora do sistema de saneamento no barrio de Prado, situado na parroquia de Santa María de Vide. Este convenio establece as condicións para a financiaciación, execución e posterior mantemento das obras.
Actualmente, o barrio de Prado dispón dunha rede de colectores nova pero sen uso, xa que carece dun sistema de depuración axeitado para verter os efluentes ao medio receptor con calidade. Ademais, a EDAR municipal presenta un emisario ao río Miño en risco de rotura debido á acción erosiva do río.
O proxecto prevé a construción dunha EDAR compacta con elementos prefabricados, que incluirá pretratamento, tratamento primario e secundario. Tamén se executará un tramo de colector duns 150 metros para conectar a nova depuradora coa rede de saneamento existente.
A inversión total estímase en 110.000 euros, financiada nun 95% pola CHMS e nun 5% polo Concello. Esta actuación beneficiará a 12 vivendas, o que supón aproximadamente 40 habitantes equivalentes.
“"Desde a CHMS queremos destacar o noso firme compromiso de colaboración cos Concello en proxectos que preserven e/ou melloren a calidade das augas e dos ecosistemas fluviais."




