As intervencións céntranse na zona próxima ao regato de Regueira da Canela. Segundo informou a administración autonómica, xa se completou a limpeza nun dos lados do pontón, mentres que a actuación no lado oposto finalizará nos próximos días.
Para levar a cabo estas labores de acondicionamento, o persoal desprazado utiliza maquinaria pesada específica. O operativo conta con dúas retroescavadoras de cadeas de 30 toneladas equipadas con cazo de carga e gancho para a separación de troncos e maleza.
Ademais, emprégase unha retroescavadora de pneumáticos de 12 toneladas para a clasificación e extensión do material na zona de provisión. O dispositivo complétase con tres camións dumper e dúas cabezas tractoras encargadas do transporte e retirada dos arrastres acumulados.




