A Consellería do Medio Rural, a través da Delegación Territorial da Xunta en Ourense, convoca esta poxa na que se porán á venda 31 lotes de madeira, dos cales 22 contan con certificación PEFC e 4 con dobre certificación PEFC e FSC, que avalan unha xestión forestal sostible.
Os licitadores deberán presentar as súas ofertas económicas de forma telemática a través da sede electrónica da Xunta. Para facilitar o proceso, dispóñen dunha plataforma dixital e dun visor web cartográfico que permite consultar as características dos lotes e descargar os seus límites.
O volume total dos lotes supera os 61.000 metros cúbicos de madeira e a venda realizarase baixo as modalidades de alleamento a risco e ventura e a resultas de liquidación final. A certificación forestal garante a trazabilidade da madeira e o respecto polo medio ambiente, ademais de cumprir funcións ecolóxicas, económicas e sociais.




