A feira Funergal 2026 acolleu en Expourense a súa décimo terceira edición, un evento que serviu de escaparate para as máis recentes tendencias en produtos e servizos funerarios. Unha das actividades destacadas foi o Taller de Arte Floral Funerario, impartido pola florista Rita Soto de O Carballiño, que mostrou as últimas novidades en deseño floral, unha actividade aberta a todos os asistentes.
Baixo o título “Cinenterios”, a Asociación de Funerarias e cementerios Municipais AFCM-Cementerios Vivos presentou unha exposición que explora o patrimonio cultural dos cemiterios a través dunha mirada cinematográfica, ofrecendo unha perspectiva contemporánea destes espazos de memoria. Ademais, puido verse un carruaxe fúnebre a cabalo cedido polo Grupo La Libélula de Valladolid.
A Fundación mexicana “Honor a quién Honor Merece” tamén tivo presenza na feira, e mañá venres entregará os seus galardóns para recoñecer as contribucións ao sector funerario internacional, tanto de empresas como de profesionais.
A accesibilidade mellorada grazas á Alta Velocidade ferroviaria, que conecta Ourense con Madrid en menos de dúas horas e media, facilitou a participación de expositores e visitantes nacionais e internacionais. Os asistentes que viaxaron en tren beneficiáronse dun desconto do dez por cento grazas a un acordo con Renfe.
A feira, patrocinada pola Deputación Provincial de Ourense e con apoio de grandes grupos empresariais como Interfunerarias ou o Grupo Albia, abriu as súas portas en Expourense de dez da mañá a seis da tarde xoves e venres, e ata as dúas e media do sábado.




