O Concello do Pereiro de Aguiar será o escenario este sábado, 3 de outubro, ás 19:00 horas, dunha nova cita coa cultura da man de Dramiño Teatro. A representación terá lugar no Auditorio dos Gozos.
A compañía ofrecerá ao público varias obras de microteatro, nunha proposta pensada para desfrutar en familia e achegar as artes escénicas a públicos de todas as idades.
Esta actividade enmárcase na programación cultural do Concello, coa que se busca promover alternativas de lecer e facilitar o acceso da veciñanza a diferentes propostas artísticas e culturais.
“"Agardámosvos para desfrutar dunha tarde de teatro no Pereiro de Aguiar!"




