A iniciativa, que se desenvolve baixo o lema Un alento de vida, ten como obxectivo concienciar á poboación sobre a importancia de doar sangue durante os meses estivais. ADOS achega as súas unidades móbiles a concellos de toda Galicia para facilitar a participación cidadá.
A campaña busca acadar un total de 22.000 doazóns ata finais de agosto. O delegado territorial da Xunta en Ourense destacou a importancia da solidariedade e da contribución individual para manter as reservas de sangue necesarias.




