O Concello de Barbadás lanzou unha nova liña de axudas económicas co obxectivo de facilitar a compra de libros e material didáctico para os estudantes de Educación Infantil. Esta iniciativa está dirixida a alumnos matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados, coa única excepción daqueles cursos que xa se beneficien do programa de gratuidade de libros de texto promovido pola Xunta de Galicia.
As contías individuais das axudas estarán suxeitas ás limitacións establecidas nas bases da convocatoria, cunha cantidade máxima de 100 € por beneficiario. Poderán ser beneficiarias as unidades de convivencia cuos ingresos netos por membro familiar non excedan os cinco mil setecentos euros e que cumpran cos requisitos específicos detallados nas bases.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Polo tanto, as solicitudes poderanse presentar dende o 4 de setembro ata o 5 de outubro de 2026.
Prioritariamente, a presentación e tramitación das solicitudes realizarase de forma electrónica a través da sede electrónica do Concello de Barbadás, na seguinte dirección: https://barbadas.sedelectronica.gal/, no trámite específico “Solicitude axuda económica para libros e material didáctico na Educación Infantil – Código SIA: 3208163”.
Ademais, habilitouse unha oficina de apoio para asistir na presentación de solicitudes e resolver dúbidas. Esta oficina atópase na Casa de Cultura Manuel María, na Área de Educación, situada na Rúa San Bernabé, 37, en A Valenzá, Barbadás (Ourense).




