O encontro comezou con vantaxe para o conxunto local, que se adiantou no marcador aos 13 minutos grazas a un gol de Taas. Con todo, a UD Ourense soubo reaccionar e, xusto antes do descanso, Lucas Puime igualou o partido no último instante da primeira metade, aproveitando un rexeite tras un saque de esquina.
Na segunda parte, o equipo ourensán mostrouse máis contundente e non tardou en darlle a volta ao resultado. Aos 48 minutos, Manu Núñez anotou o segundo gol tras un centro dende a esquerda. A vantaxe ampliouse no minuto 60, cando Champi transformou un penalti ao estilo Panenka, establecendo o definitivo 1-3.
Con esta vitoria, a UD Ourense non só garante a súa presenza nos play-offs, senón que tamén mantén vivas as súas opcións de rematar a tempada na segunda posición. Para acadar este obxectivo, que lles permitiría xogar os dous partidos da fase de ascenso en O Couto, deberán gañar o seu próximo partido contra o Atlético Astorga e esperar unha derrota do Oviedo Vetusta fronte ao Langreo, que se xoga o descenso.




