A Pantalla Meiga soña con prolongar a súa racha na Lotería de Nadal de 2026

A administración de Xinzo de Limia afronta o sorteo do 22 de decembro coa ilusión de volver a repartir un gran premio tras 11 grandes premios repartidos.

A Pantalla Meiga soña con prolongar a súa racha na Lotería de Nadal de 2026

Repartir premios é o resultado do esforzo e o traballo de todos os días do ano. A ilusión diaria dos nosos clientes e a alegría dos premios é o motivo que nos leva a seguir traballando.

Aínda que aínda faltan varios meses para escoitar os nenos de San Ildefonso, a Lotería de Nadal de 2026 xa comezou a espertar ilusión en Xinzo de Limia.
Os décimos están á venda e A Pantalla Meiga afronta a campaña coa esperanza de prolongar unha racha que a converteu nun dos establecementos máis afortunados da provincia de Ourense, xunto á do seu irmán Luis Carballeda da administración A Sorte de Ervedelo.
A administración dirixida por Herminio Carballeda repartiu premios importantes durante as catro últimas edicións do sorteo do Nadal e o do seu irmán pequeno o Sorteo do Neno. En total repartiu 11 grandes premios nos últimos catro anos, resaltando os premios gordos de Nadal do 2023 e os dous primeiros premios do Neno no 2024 e 2026.
Con estes antecedentes, a campaña de Nadal deste ano chega cargada de expectación. Veciños, visitantes e clientes habituais volven depositar as súas esperanzas nos décimos dun establecemento que conseguiu facer de cada 22 de decembro unha xornada especial para Xinzo.
En A Pantalla Meiga saben que os premios non se poden prometer, pero a ilusión xa está en circulación. Despois de catro Nadal consecutivos repartindo sorte, o gran desexo para 2026 é volver a celebrar e conseguir que unha parte dos millóns do sorteo quede, unha vez máis, en Xinzo de Limia.
Ademais, este ano estrean a venda online a través da súa web www.apantallameiga.es

Máis información

Saber máis