O accidente produciuse sobre as 23.10 horas no quilómetro 444 da citada vía, concretamente na parroquia de Doncos. No turismo viaxaban tamén unha muller e un bebé, que resultaron ilesos e non precisaron ser trasladados a un centro sanitario.
Segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia, a Central tivo coñecemento do sinistro inicialmente a través do sistema automático eCall do vehículo. Ante a imposibilidade de establecer comunicación cos ocupantes a través dese dispositivo, a alerta foi confirmada pouco despois por chamadas de varios particulares.
Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Sarria, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Garda Civil de Tráfico. Unha vez no punto, os equipos de emerxencia confirmaron que o home se atopaba en estado grave.




