As actuacións levadas a cabo no centro permitiron a creación dunha nova zona de xogo exterior para o alumnado. Ademais, os traballos centráronse no interior do edificio, onde se procedeu ao pintado das aulas, a renovación do mobiliario e a implementación de medidas para optimizar a eficiencia enerxética da infraestrutura.
Durante a visita ás instalacións, destacouse a importancia da colaboración entre a administración autonómica e o Concello de Oroso para garantir servizos de calidade destinados á infancia. Estas melloras buscan favorecer a conciliación familiar e o benestar dos menores no municipio.
No marco desta visita, recordouse que o actual curso académico marca o quinto ano consecutivo no que a educación infantil de 0 a 3 anos é totalmente gratuíta en Galicia. Esta medida, impulsada polo Goberno galego, beneficia a máis de 32.000 familias e conta cun orzamento de 68 millóns de euros procedentes de fondos propios.




