A proba, organizada xunto á Federación Galega de Caza e o Consello Superior de Deportes, congregará a case 50 participantes de toda España. Os competidores, xunto aos seus cans, porán a proba a súa destreza no rastreo e seguimento do rastro do xabaril.
O evento busca valorar a compenetración entre can e condutor, a disciplina e a capacidade de traballo dos cans. Ademais, celebrarase a III Copa de España Xuvenil, co obxectivo de fomentar a participación dos máis novos nesta modalidade e garantir a remuda xeracional.
“"Comenza a conta atrás dunha cita na que a selección galega ten moitas posibilidades de acadar grandes resultados."
“"xa que non é habitual nestes tempos facer un posicionamento político tan claro a favor do sector cinexético"
A competición estará supervisada por cinco xuíces nacionais. O programa inclúe a recepción de participantes o venres, seguida dunha cea de benvida. O sábado comezará cedo coa concentración e saída dos participantes, unha parada para degustación e a final da competición ao mediodía, seguida da comida de clausura e a entrega de premios.




