O accidente produciuse arredor das 07:40 horas. O condutor, un home, puido saír do vehículo polos seus propios medios, aínda que posteriormente foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago para recibir atención médica.
A central de emerxencias do 112 Galicia recibiu o aviso do propio ferido, quen informou do impacto contra a mediana despois de pasar o peaxe de Padrón. Ao lugar dos feitos desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como efectivos do GES de Padrón.
Horas antes, o equipo de garda do GES de Padrón tamén foi mobilizado polo 112 Galicia por outro accidente de tráfico na N-550, ao seu paso polo concello de Valga. Este sinistro, unha colisión frontal entre dous vehículos, saldouse con dúas persoas feridas, os condutores e únicos ocupantes dos turismos implicados.
No lugar do accidente en Valga, tamén se personaron profesionais do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de Protección Civil de Valga para atender a situación.




