A Consellería de Medio Ambiente expón durante trinta días o proxecto impulsado por Iberdrola Renovables Galicia para a renovación tecnolóxica do parque eólico Monte Treito. A actuación prevé a substitución dos 40 aeroxeradores actuais por sete muíños de maior eficiencia, mantendo a potencia máxima autorizada.
O investimento total ascende a 33.995.697 euros e o prazo de execución estimado é de nove meses. Os novos aeroxeradores, modelo Vestas V136 de 4,5 MW, terán un diámetro de rotor de 136 metros e unha altura de buxe de 82 metros. Tamén se instalarán sete centros de transformación de 5.300 kVA.
A fase de desmantelamento incluirá a retirada dos aeroxeradores existentes, centros de transformación, cimentacións, unha torre de medición e canalizacións eléctricas subterráneas. Ademais, levarase a cabo a restauración ambiental dos terreos e a adaptación da subestación eléctrica existente.
O proxecto tamén contempla a execución de plataformas de montaxe, cimentacións, vías de acceso, rede interior e canalizacións para conducións eléctricas. A rede subterránea de 20 kV conectará os aeroxeradores coa subestación, e haberá unha rede de comunicacións Ethernet con fibra óptica para monitorización e control.




