A Garda Civil de Boiro desmantelou un punto de venda de substancias estupefacientes e detivo a dous homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública. A operación, denominada Kaut e tutelada polo Tribunal de Instancia e Instrución nº 1 de Padrón, puxo fin a unha rede que operaba de forma ambulante.
A investigación partiu de actuacións previas realizadas durante a operación Patineta, que detectou a existencia dun grupo dedicado á distribución de drogas nas localidades de Noia, Outes e Muros. Os axentes confirmaron que este novo grupo estaba composto por dous veciños de Rois.
Estes individuos desprazábanse diariamente nun vehículo para distribuír a droga por toda a comarca, unha táctica que buscaba dificultar a labor policial e o control das súas actividades ilícitas.




