A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, presidiu o consello de administración de Vipugal que aprobou a adxudicación. O contrato foi para a empresa Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. por un importe de 1.983.380 €.
O proxecto das vivendas, redactado pola UTE Oxil-Domohomo cun custo de 85.184 €, contempla un edificio con soto, baixo e dúas plantas. A parcela onde se edificarán foi cedida polo Concello de Vilagarcía.
No soto situaranse 10 prazas de garaxe e 10 rochos, ademais de cuartos de limpeza e instalacións. O baixo albergará elementos comúns e catro vivendas de dous dormitorios, unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida.
A primeira planta contará con catro vivendas, dúas de dous dormitorios e dúas de tres. Na planta segunda emprazaranse as dúas vivendas restantes, ambas de dous dormitorios.




