A xuntanza, celebrada na sede de Portos de Galicia, enmárcase na rolda de contactos da presidenta co sector da náutica recreativa para coñecer a situación actual. Botana ratificou a vontade do ente público de impulsar unha estratexia coordinada para a mellora da infraestrutura portuaria.
O obxectivo é incrementar a actividade das instalacións náutico recreativas, o volume de negocio dos seus xestores, así como o sector auxiliar e o tecido socioeconómico das vilas mariñeiras.
Así mesmo, manifestou a disposición de Portos de Galicia para consensuar coas prioridades de actuación cos xestores dos portos deportivos, co fin de captar novos barcos en tránsito e fidelizar os que xa recalan na comunidade.
Finalmente, sinalou a necesidade de desestacionalizar a chegada de tránsitos, aproveitando a vantaxe competitiva das rías galegas que permiten a navegación durante todo o ano.




