Coa chegada do mes de novembro, o mes morado no que conmemoramos o 25N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, iníciase un período especialmente significativo de sensibilización e concienciación arredor da violencia contra as mulleres. Dende O Concello de Meis, a través da concellaría de Igualdade, quérese concienciar á cidadanía sobre esta problemática social para erradicar a violencia de xénero en calquera ámbito.
O programa de actividades inclúe un Punto morado informativo con folletos e material Merchandising no Centro Multiusos do Mosteiro. Tamén se distribuirá material contra a violencia de xénero ao alumnado dos centros escolares (CRA de Meis, CPI MOSTEIRO e CEIP Cole da Armenteira).
Baixo o lema MEIS NO CAMIÑO “A CARÓN DA IGUALDADE, POLOS BOS TRATOS E COMPETENTES EMOCIONALMENTE”, desenvolveranse actividades de coeducación e correspensabilidade. Destacan o OBRADOIRO ESCOLA DE FAMILIAS (5, 12 e 19 de novembro de 10h a 12h no Centro Multiusos do Mosteiro) e a representación do espectáculo #2 PILGRIMS o 23 de novembro ás 16:45h no Auditorio Municipal.
O martes 24 de novembro haberá unha CHARLA INFORMATIVA “SEMENTES DE CAMBIO: ERRADICANDO A VIOLENCIA SEXUAL” ás 12h no CPI Mosteiro. Ademais, iluminaranse de LUZ MORADA a fachada do Concello e a Praza de Abastos do Mosteiro.
O mércores 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, procederase á lectura do MANIFESTO en colaboración co alumnado ás 12:00h no CPI Mosteiro e ás 13:00h no CRA de Meis e CEIP Armenteira (no Centro Social O Silvoso- Meis).




