Esta mostra, que forma parte do proxecto Trazas de Pontevedra, busca pór en valor o patrimonio arqueolóxico galaico-romano da provincia. Poderá visitarse en Sanxenxo ata o 15 de outubro e presenta ata 75 pezas procedentes de castros da provincia.
No acto inaugural, o equipo da Fundación Terra Termarum ofrecerá unha explicación detallada das pezas, achegando información sobre o seu contexto histórico, significado e valor patrimonial.
Ademais, a exposición complementaranse ao longo do mes con obradoiros didácticos para o público xeral, obradoiros infantís para escolares de entre 8 e 10 anos, visitas guiadas e unha conferencia temática.
Tras a súa estadía en Sanxenxo, a exposición “A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación” trasladarase ao Museo Torres do Concello de Marín, onde estará exposta entre o 28 de outubro e o 28 de novembro.
Para o ano 2027, está previsto que esta iniciativa da Deputación de Pontevedra chegue tamén aos concellos de Vilagarcía de Arousa, A Guarda e Tui.




