O achado produciuse na mañá do sábado cando o condutor dunha moto acuática alertou da presenza dun cadáver na zona portuaria. Un mariñeiro de Cambados colaborou no traslado do corpo a terra, onde xa se atopaban os efectivos mobilizados.
As primeiras pescudas céntranse en poñer nome ao falecido, que non portaba ningunha documentación. Esta circunstancia está a dificultar os traballos dos investigadores. Ademais, o mariñeiro que axudou no traslado asegurou non recoñecer ao home, polo que non se descarta que proceda doutro municipio.
Os axentes comezaron a revisar os vehículos estacionados nas inmediacións do porto e a comprobar matrículas na procura de pistas. A Garda Civil baralla todas as hipóteses á espera das probas forenses e das xestións de identificación.




