A xornada estivo marcada pola expectación no pantalán, onde numerosos curiosos seguiron os movementos arredor da saída. O pai de Felipe VI chegou ao pantalán minutos despois das 11:30 horas e participou no bautizo dun dos veleiros que compiten nesta cita náutica.
“"O exxefe do Estado colleu unha botella de champaña e lanzouna contra a embarcación, nun xesto tradicional neste tipo de actos."
Posteriormente, embarcou na lancha semirríxida Cristina. Con todo, a tripulación do Bribón tivo que agardar dúas horas antes de saír ao campo de regatas, xerando unha gran expectación entre os presentes. Esta foi a primeira xornada na que o rei emérito volveu navegar desde a súa chegada a Galicia o pasado martes.




