Un dos establecementos beneficiarios desta iniciativa é o restaurante La Riviere Laterio, situado en Vilagarcía de Arousa. Este negocio recibiu unha axuda autonómica de máis de 3.600 euros para levar a cabo un proxecto centrado na dixitalización e na promoción online, co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e proxección exterior.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou o establecemento este mércores para coñecer de primeira man os resultados deste proxecto. Fernández subliñou a importancia destas axudas para o sector da hostalaría, destacando que contribúen a "coidar a imaxe de marca do litoral galego" e facilitan a modernización de autónomos e pequenas empresas.
O representante autonómico explicou que o programa busca fomentar un modelo turístico máis actualizado e reducir os impactos visuais dos negocios para unha mellor integración co contorno paisaxístico da costa galega.
A convocatoria está dirixida a establecementos turísticos como hoteis, pensións, restaurantes, cafeterías e bares localizados en municipios do litoral. As axudas poden cubrir ata o 80% do investimento realizado e divídense en tres liñas: eficiencia enerxética (ata 25.000 euros), dixitalización de recursos turísticos (ata 15.000 euros) e mellora da imaxe exterior (ata 250.000 euros).




