A achega provén dunha orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. O custo total do proxecto ascendeu a 18.252,06 euros.
Esta axuda enmárcase nas actuacións de prevención de incendios forestais, permitindo ao concello incorporar nova maquinaria para mellorar as súas capacidades neste ámbito.




