O Concello de Castrelo de Miño anunciou o inicio das clases de gaita, pandeireta e canto popular. As actividades formativas comezarán o vindeiro 2 de outubro e terán lugar os venres, en horario de 17:00 a 19:00 h.
As clases impartiranse na Sala de Usos Múltiples do Albergue Municipal e están abertas a persoas de todas as idades a partir dos 4 anos. Esta iniciativa busca promover a cultura e a tradición musical galega entre os veciños e veciñas.




