Hai un ano, o Concello de Marín solicitou unha revisión técnica do Palco da Música co obxectivo de realizar unha inspección exhaustiva e garantir a seguridade da estrutura, especialmente da súa cuberta, que presentaba un notable desgaste.
Tras a avaliación do elemento patrimonial, construído en 1928 e restaurado en 1989, confirmouse a necesidade de tomar medidas de seguridade urxentes. Esta situación levou á administración local a restrinxir completamente o acceso ao palco.
“"Xa se está a traballar para conseguir financiamento para arranxar este elemento patrimonial, co obxectivo de abrilo de novo en verán."
A pesar da urxencia, a falta de fondos impediu ata o momento a execución das obras necesarias para a súa rehabilitación. Segundo indicaron fontes municipais, estase a buscar activamente o financiamento preciso para poder reabrir o espazo ao público durante o verán.




