O proxecto, que se prevé rematar no outono do vindeiro ano, conta co respaldo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra. Este apoio materialízase a través dunha liña de axudas financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), cubrindo o 49% do investimento total necesario para a súa posta en marcha.
A iniciativa nace da vontade do artista de achegar a súa produción creativa ao público, xa que ata o de agora só era accesible en exposicións temporais ou no seu obradoiro privado. Con este novo centro, calquera persoa poderá explorar libremente o seu universo artístico.
A obra do creador está profundamente ligada á cultura do mar, incorporando de forma constante referencias á vida costeira, á pesca e aos oficios tradicionais como as mariscadoras, redeiras, percebeiros, peixeiras ou bateeiros.
“"Está inspirado no mar, na pesca e nas nosas tradicións, pero tamén é a miña esencia como creador artístico."
O futuro centro cultural estará organizado en tres áreas distintas. Incluirá unha tenda e estudo creativo onde se poderán adquirir obras e produtos deseñados polo autor. Tamén disporá dunha galería de exposicións, que acollerá tanto traballos propios como de outros artistas. Ademais, contará cunha zona dedicada a obradoiros e actividades culturais abertas á cidadanía, co obxectivo de fomentar a participación e dinamizar a vida cultural do municipio.
“"Pretende desenrolar actividades moi diversas, e penso que axudará a enriquecer a vida cultural e o patrimonio de Bueu."




