O espectacular Parque de Lagocheiras, pertencente á Comunidade de Montes de San Xulián, converterase este fin de semana no epicentro da Rapa das Bestas. Espérase a participación de máis de 90 cabalos e aloitadores procedentes de Marín e doutras partes de Galicia.
As actividades, presentadas pola Asociación Cabalar Monte Gagán e os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos, darán comezo o sábado 8 de agosto. A xornada arrancará cedo, ás 08:30 horas, coa quedada no curro para dirixirse ao monte e xuntar ás bestas. Pola noite, a partir das 23:00 horas, haberá unha cea popular con porco ao espeto, seguida dunha verbena amenizada polo Trío Rever e a disco móbil Dolce Vita.
O domingo 9 de agosto, a partir das 12:00 horas, realizarase a saída do cierre coas bestas cara ao curro. Unha vez alí, procederase á separación das potras. A tradicional rapa das bestas comezará ás 17:00 horas, pechando o evento.




