O Concello de Bueu recibirá estes recursos provinciais, enmarcados no Plan +Provincia 2026-2027, para cubrir custos asociados á limpeza de espazos públicos, vías municipais e praias. Tamén se financiará a dotación de persoal de socorrismo para os areais.
A finalidade destes fondos é garantir a salubridade, a hixiene, o benestar veciñal e a protección medioambiental nos espazos intervidos. A achega tamén permitirá a incorporación dun total de 16 socorristas e un coordinador para o servizo de socorrismo nas praias, que traballarán a xornada completa de luns a domingo.
Segundo sinalou Luis López, o plan conta cunha liña de investimento para 2027, achegándose aos 85 millóns de euros totais, co obxectivo de que os concellos poidan garantir os seus proxectos máis ambiciosos xa este ano.




