A sesión plenaria serviu para dar carácter definitivo a dous textos normativos fundamentais para a xestión municipal: o Servizo de Atención Temperá (SAT) e o programa de apoio psicolóxico. Estas ordenanzas permitirán ao goberno local licitar uns servizos que xa viñan operando na vila con alta demanda, garantindo así o cumprimento da Lei de Contratos do Sector Público de 2017.
Durante o pleno, tomou posesión o novo concelleiro do PP, Manuel Freire Pastoriza, en substitución de Manuel Santos Pires. Así mesmo, aprobouse a conta xeral do exercicio 2025 e a devolución da garantía das obras de reforma da Biblioteca Municipal Torrente Ballester.
“"Se o Concello ten que devolver algunha cantidade será decidido nos tribunais, e para esa circunstancia tamén estamos preparados."
O punto de maior tensión política foi a liquidación do contrato de reforma do Pavillón Municipal de Beluso. O goberno local defendeu a complexidade dunha obra financiada polo Concello, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, mentres que a oposición criticou a xestión do expediente. Finalmente, a proposta saíu adiante cos votos a favor do BNG, PSOE e o edil non adscrito, mentres que o PP votou en contra.




