A iniciativa, organizada por ADICAM, reunirá a centos de participantes nunha xornada solidaria que percorrerá distintas zonas da comarca do Morrazo.
A marcha contará con dous puntos de saída: unha dende Bueu ás 9.45 horas e outra dende Moaña ás 10.00 horas.
Para poder participar, é necesaria a inscrición previa a través da plataforma Carreiras Galegas. O enlace para o rexistro é: https://www.carreirasgalegas.com/events/andaina-marcha-fina-acua-2026/4mVoXZ9p.
Esta importante cita solidaria conta coa colaboración dos concellos de Cangas, Bueu e Moaña, así como da Xunta de Galicia.




