As estimacións actuais do departamento autonómico manteñen a superficie arrasada polas chamas en torno ás 30 hectáreas. O operativo de extinción, que traballou intensamente dende a súa orixe, mobilizou un importante dispositivo.
No dispositivo de loita contra o lume participaron, ata o momento, dous técnicos, 14 axentes, 21 brigadas, 22 motobombas, unha pala, tres helicópteros e dúas avionetas, segundo informou a Consellería.




