O lume declarado en A Capela, parroquia do mesmo nome, orixinouse na madrugada e xa calcinou unha vintena de hectáreas. Na súa extinción participan un técnico, cinco axentes, sete brigadas, oito motobombas, unha pa e tres helicópteros.
Pola súa banda, o incendio na A Mezquita, que se orixinou en Portugal e penetrou en territorio galego pola parroquia de Manzalvos, arrasou preto de vinte hectáreas. Para a súa loita mobilizáronse catro axentes, seis brigadas, cinco motobombas, unha pa, tres avións e tres helicópteros.
Ademais, o incendio de Herbón, no municipio coruñés de Padrón, iniciado o pasado 12 de xuño, segue sen extinguirse aínda que se atopa controlado dende hai varios días. Este lume devastou aproximadamente 350 hectáreas e motivou a declaración preventiva da situación 2 de emerxencia pola súa proximidade a zonas habitadas.
“"O teléfono gratuíto 085 está dispoñible para avisar de incendios forestais, ademais do número anónimo 900 815 085 para denunciar posibles actividades delituosas relacionadas con estes sinistros."




