A competición, organizada polo club CPA Luar coa colaboración do Concello de Ponteareas, comezará ás 9:00 horas e reunirá a máis de 100 promesas e figuras consagradas de recoñecidas entidades autonómicas.
Participarán clubs como a Asociación Deportiva Sobre Rodas, o CPA Royal, o CPA Covelo, o CPA Salvaterra, o Patinaxe Fervello, o CPA Blossom e o CPA Coruxo, ademais do anfitrión CPA Luar.
O concelleiro de Deportes, Nico Rodríguez, destacou o alto nivel técnico esperado e animou á veciñanza a asistir, sinalando que "é un luxo contar con clubs de tanto prestixio".
A alcaldesa, Nava Castro, subliñou o orgullo de acoller este evento, que consolida a Ponteareas como referente deportivo e promove os valores do esforzo e a convivencia.
Como broche final, o Grupo Show Nacional do CPA Luar ofrecerá unha exhibición especial. Ademais, realizarase un sorteo cun premio de 500 euros para os asistentes.




