O sinistro produciuse ao redor das tres e media da tarde no acceso á autovía do Barbanza. O vehículo quedou envorcado sobre o seu lateral dereito, ocupando un dos carrís da rotonda.
O condutor do camión resultou ferido de carácter leve. Para a súa retirada foi necesaria a intervención dunha grúa de gran tonelaxe.
Efectivos da Policía Local, axentes de Tráfico e membros de Protección Civil organizaron un dispositivo para xestionar a situación, establecendo desvíos para os vehículos afectados. O vial permaneceu cortado nese punto durante toda a tarde.




