A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo esta mañá dúas reunións cos alcaldes de Outes, Francisco Calo, e do Porto do Son, Luís Oujo, no marco do novo proxecto de residencias impulsado pola Xunta de Galicia.
A conselleira visitou a Casa do Concello de Outes, onde o alcalde lle trasladou os avances na selección dos terreos para a nova residencia. Posteriormente, desprazouse ao Porto do Son, onde o alcalde lle mostrou a parcela elixida na parroquia de Nebra, próxima ao centro de día.
Tras as visitas, Fabiola García destacou que este proxecto "a Xunta consolida a atención ás persoas maiores, co impulso de 300 novas prazas residenciais", referíndose aos futuros centros previstos en Outes, O Porto do Son e Ribeira.
Respecto á residencia de maiores prevista en Ribeira, a conselleira lembrou que o futuro centro contará con 100 prazas e que o Concello e a Xunta xa están ultimando os trámites para a cesión da parcela.




