A formación nacionalista subliña a necesidade de intervir no edificio, que presenta problemas como filtracións de auga debido á súa antigüidade. O grupo lembra que, durante a súa participación no goberno anterior, se levaron a cabo melloras significativas no interior das instalacións.
“"Nun ano e medio executamos melloras esenciais para facilitar a comodidade das persoas usuarias que realizan alí as súas actividades."
Entre as actuacións realizadas previamente, destacáronse o cambio de luminarias e a reforma dos cubículos de ensaio para optimizar o seu uso. Tamén se impulsaron iniciativas para poñer en valor este espazo cultural, como a proposta de realizar un mural no penal do edificio en homenaxe aos músicos locais.
Con todo, o grupo nacionalista advirte que "a casa da banda necesita un arranxo urxente", e sinala que o proxecto para adecentar a cuberta xa estaba redactado e en proceso de contratación antes da moción de censura de febreiro de 2026, sen que se produciran novidades dende entón.
“"Temos claro que esta é unha das prioridades nas que o Concello debería actuar, especialmente tendo recursos na área de cultura."
Finalmente, o BNG criticou a inacción do actual goberno municipal trala moción de censura, instándoo a "deixar de dar as costas á veciñanza e escoitar cales son as súas prioridades" en relación coa mellora da escola.




