A organización do evento estima que preto de 20.000 persoas pasarán polo recinto durante os días de celebración. A afluencia media aos concertos sitúase nas 6.500 persoas diarias, o que supón un incremento respecto á edición anterior.
O programa combina propostas musicais con exhibicións deportivas de disciplinas como BMX, skate, parkour e basket. Ademais da zona de concertos, o festival dispón dun espazo denominado Chill Zone con postos de hostalería e diversas actividades abertas ao público.
A programación inclúe actuacións gratuítas na fachada marítima e exhibicións de especialistas en deportes urbanos. O evento conta co apoio institucional da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, así como a colaboración de diversas entidades privadas.




