Durante a súa intervención, a conselleira subliñou a estreita vinculación do berberecho coa tradición e a identidade mariñeira da comarca. O acto celebrouse na alameda da vila e contou cunha degustación popular de carácter solidario, cuxos beneficios se destinarán a Cáritas e Cruz Vermella.
Estas xornadas teñen como obxectivo promocionar a calidade dun dos produtos máis emblemáticos da ría de Muros e Noia, así como recoñecer o labor dos profesionais do marisqueo e a importancia económica, social e cultural desta actividade para o conxunto do territorio.




