A Consellería de Medio Rural informou da extinción do incendio forestal rexistrado en Lesende, Lousame, que comezou o pasado venres día 14 ás 17.32 horas. Finalmente, afectou a unha superficie de 31,41 hectáreas, a maior parte de monte arbolado. Na súa extinción mobilizáronse numerosos medios, incluíndo técnicos, axentes, brigadas, motobombas, pas, unha unidade técnica de apoio, nove helicópteros e catro avións.
Por outra banda, un incendio forestal na parroquia de Corrubedo, en Ribeira, iniciouse ás 10.40 horas deste martes na zona de O Corgo. Na súa extinción participan efectivos do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira, axentes forestais de Medio Rural, brigadas, motobombas e medios aéreos como helicópteros.
Este lume, que segue activo aínda que se atopa estabilizado dende a unha da tarde, tería arrasado provisionalmente unhas dúas hectáreas.




