A proba, organizada polo Club International Trekkers Barbanza-Sar, rematará este domingo ás catro da tarde no mesmo punto de saída. Os sendeiristas afrontan un percorrido que atravesa sete concellos da comarca.
O itinerario deseñado levará aos participantes a través dos concellos de Noia, Lousame, Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira e O Porto do Son.
Na saída estiveron presentes autoridades locais, como os alcaldes de Noia, Francisco Pérez, e de Rianxo, Julián Bustelo, ademais de concelleiros doutros municipios da zona. Tamén acudiron representantes do club organizador e da Federación Galega de Montañismo.




