A iniciativa busca poñer en valor a riqueza paisaxística, cultural e humana do municipio a través da mirada das persoas participantes, que plasmaron en imaxes diferentes recunchos, momentos e perspectivas de Carnota. As fotografías seleccionadas serán as encargadas de acompañar o calendario cada mes do ano.
As persoas interesadas poderán recoller o seu exemplar de forma gratuíta na Casa do Concello, en horario de 08:30 a 14:00 horas, ata finalizar existencias. Dende o Concello agradécese a participación nesta edición, contribuíndo á divulgación e promoción do patrimonio natural e cultural de Carnota a través da fotografía.




