A actuación, adxudicada por 115.120,61 euros (IVE incluído), centrouse na construción dunha nova rampla e escaleiras para reducir a pendente e facilitar a entrada ao edificio, cumprindo ademais coa normativa de evacuación en caso de incendio.
A estrutura anterior, que presentaba problemas de corrosión, foi substituída por unha nova que tamén reforza a súa capacidade para tarefas de cargas e descargas, beneficiando tanto a clientes como a industrias.
A obra conta cun prazo de garantía de 36 meses, tras a ampliación ofertada pola empresa contratista. Coa súa apertura, recupérase este acceso fundamental para a actividade comercial e diaria do mercado municipal.




