Os representantes populares expresaron a súa preocupación pola parálise do proxecto, a pesar de que se anunciara a licitación do estudo para agosto de 2024 e o inicio da súa redacción para marzo de 2025. Segundo os senadores, a resposta oficial do Goberno ás súas preguntas no Senado revela que o contrato de servizos para a redacción do estudo de viabilidade "actualmente se atopa en fase de redacción", o que indica un atraso significativo.
Aos constantes incumprimentos do Goberno de Sánchez con Lugo e a provincia hai que engadir unha discriminación máis cara aos lucenses.
Os senadores do PP de Lugo subliñaron que este atraso súmase a unha serie de "incumprimentos" do Goberno de Sánchez coa provincia. O compromiso inicial incluía a análise da viabilidade da conexión ferroviaria, a revisión dunha posible variante para enlazar co Eixo Atlántico e a conexión co aeroporto de Lavacolla. Con todo, lamentan que "non se chegaron a facer públicos prazos concretos de execución nin detalles sobre o seu desenvolvemento".




