Marquesa, a candidata de Lugo a Miss Vaca Galicia 2026

A vaca de raza rubia galega, con seis anos e tres partos, representa á provincia na gala que se celebra hoxe na Televisión de Galicia.

Imaxe xenérica dunha vaca rubia galega nun escenario.
IA

Imaxe xenérica dunha vaca rubia galega nun escenario.

A vaca Marquesa, representante de Lugo, desfila hoxe na gala Miss Vaca Galicia 2026, que se emitirá na Televisión de Galicia.

A provincia de Lugo terá unha representante na noite deste venres no certame Miss Vaca Galicia 2026. Trátase de Marquesa, unha vaca de raza rubia galega, de seis anos e con tres partos, que competirá polas outras tres candidatas do resto da comunidade. O evento terá lugar nas instalacións do programa Luar, emitido pola Televisión de Galicia.
Marquesa xa está a xerar expectación nas redes sociais. O seu gandeiro, Ángel Santos Pereira, de Friol, é quen a presentou ao concurso. Segundo explica, a vaca xa mostraba cualidades excepcionais dende os catro anos, cando soubo que estaba destinada a algo grande.

"As vacas, cando teñen dous ou tres anos son bonitas, pero aínda non medraron o suficiente, non anchearon. Cando esta cumpriu os catro anos xa souben que ía levala de candidata a Miss Vaca"

o gandeiro
Santos Pereira, que conta con máis de 80 animais na súa explotación, describe a Marquesa como "moi bonita, elegante e moi nobre, moi tranquila". Engade que "chega ao escenario, plántase coa cabeza para arriba e non se altera", cualidades que considera perfectas para o título.
A competición tamén conta coas candidatas Linda (de A Coruña), Roxa (de Pontevedra) e Paloma (de Ourense). O certame, no que os animais lucenses acumulan doce títulos fronte aos dous da Coruña, dous de Pontevedra e un de Ourense, tamén outorgará bandas a Miss Poderosa, Miss Lindos Ollos, Miss Donaire e Miss Aloumiños.