O proxecto gañador, titulado "O recuncho do comercio", foi recoñecido no marco deste certame escolar que busca difundir e promover os valores do consumo responsable. O grupo, composto por estudantes e equipo docente, recibiu o galardón, dotado con 300 euros.
Ademais da entrega do premio, os asistentes participaron nun relatorio sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras e sobre a etiquetaxe de alimentos. Tamén levaron a cabo unha actividade práctica de arbitraxe e etiquetaxe nun supermercado simulado.
Estas accións forman parte das actividades da Escola Galega de Consumo, cuxo obxectivo é fomentar unha educación para un consumo máis consciente, crítico e responsable entre a cidadanía.




