Os traballos iniciais céntranse nunha parcela do antigo parque de enerxías alternativas de O Ceao, que contará con 116 prazas. Esta actuación, que supón un investimento superior aos 400.000 euros, enmárcase dentro do plan Novo Norte para mellorar a mobilidade na capital lucense.
Ademais desta intervención, a administración local traballa no deseño dunha rede de oito aparcamentos disuasorios que sumarán 293 prazas adicionais. Entre os puntos previstos atópanse a Rúa Primavera, na zona de Fontiñas, así como as rúas Lucas Ferro Caaveiro, Río Eo, Xosé Castiñeira, Avenida de Vilaverde, Rúa Avutarda, Eloi Maquieira e Rúa Sanxillao.
O proxecto combina terreos de titularidade municipal e privada. O goberno local confirmou que xa conta con preacordos cos propietarios das parcelas privadas para integrar estes espazos na futura rede de estacionamento da cidade.




